sábado, 1 de agosto de 2009

Galicia falou alto e ben claro: Somos bilingües

¿E agora qué? Seguiremos facendo caso a unha minoría do 12%. Seguiremos acatando as ordes de catro que vociferan créndose salvadores da patria. Pensando que os que formamos a gran maioría somos apátridas ou dexenerados. Por certo , un que suscribe e bendice os resultados da enquisa, está a escribir en galego, como algo natural, non coma unha obriga. Acabáronse os tempos dictatoriais, a liberdade da lingua debe amosarse nas escolas, nos institutos, en resumo , na vida escolar.
Para aqueles que ainda non o viran , lean a portada da Voz de Galicia do día 1 de agosto.

"La mitad de los padres quieren clases en las dos lenguas, el 37% en castellano y un 12% en gallego"

"La mayoría desea que sus hijos aprendan a escribir y a leer en ambos idiomas, y que además se impartan materias en inglés".

"El Secretario de Política Lingüística sostiene que los datos del sondeo avalan la derogación del decreto del bipartito."
(La Voz de Galicia, 1 de xullo 2009)

Agora virán os demócratas da Mesa e outros adláteres e dirán que as enquisas están falseadas e outras artimañas. Haberá ameazas e insultos, manifestacións .... Mentres , a maioría estará calada, porque xa falou onde tiña que falar, e por eso, coma sempre, tan só se oirán os berros dos de sempre, e parecen moitos e son poucos, e ..." xa estamos ata as narices de que manden uns poucos"; ..." de que nos digan como temos que falar"; ..." de que os que falaron o galego sempre, coma eu, agora nos din que non sabemos falalo"..." de que nos digan isto e mailo outro..

Esto en bo galego, resúmese así: ...."xa estamos ata o carallo"