martes, 9 de noviembre de 2010

ABALAR, un pelotazo en toda regla

ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na
práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria.
ABALAR impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.
Garantirase a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC para todos os centros educativos.
  1. Equipamento: proxectores, encerados dixitais, ultraportátiles dealumnado e profesorado, armarios con bandexas para arecarga...
  2. Infraestruturas: CPD, cables e canalizacións,
  3. Acondicionamento de aulas, instalación eléctrica...
  4. Conexión: á rede de educación e a Internet.
Dotarase o profesorado e o resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais.
O proxecto ABALAR disporá dun portal propio, espazo ABALAR
O proxecto ABALAR é unha iniciativa de longo prazo que se estenderá a todos os niveis do sistema educativo galego.
  1. Durante este ano comezarase a implantar en aulas de 5.º de primaria e 1.º da ESO.
  2. Á fin desta lexislatura cubrirase 5.º e 6.º de primaria e 1.º e 2.º da ESO.
  3. Con posterioridade continuarase estendendo ao resto de niveis educativos, ao ritmo que se estableza segundo a dispoñibilidade orzamentaria e os resultados acadados na primeira fase.
Ata aquí as mentiras do proxecto abalar. Agora imos enumerar as verdades:

  1. Un proxecto semellante ao de libros de texto gratuitos,¿recordan? Xa morreu.
  2. Sabemos cando comeza, non sabemos cando remata.
  3. Alumnos que , rematado 1º ESO, deixan o eido dixital e volven ao analóxico.
  4. Non hai cartos para reparacións eléctricas, equipamentos de aulas, pero sí para un proxecto faraónico que recorda a Cidade da Cultura, ¡outro pelotazo!
  5. Aula de informática a informática de aula. ¡Vaia galimatías!
  6. Unha aula de informatica a base de usuarios terminais en rede cunha CPU costa uns 2500€. Unha aula do proxecto ABALAR ...... nin se sabe.
  7. Dotando aos centros dun maior presuposto poderianse organizar aulas suficientes para aplicar esos materiais dixitais que preconizan.
  8. Finalmente, o mantemento desa marabilla, pensaron nel. NON. En dous anos defenestrado, coma o conto dos libro
¡Estaría ben mercar un sabueso para seguirlle o rastro ao inventor da criatura. !
Mentres se fala a bombo e platillo desta criatura, nos centros seguimos na penuria, os profes sen poñerse ao día no eido dixital, con precariedades nos edificios e cada vez con menos recursos.

Venga! sentidiño e boa letra, e non nos esquezamos que do esforzo e do traballo sae un producto elaborado que da bos resultados.